Martes 28 Novembro 2023

Pódcast | Por que a intelixencia artificial tamén discrimina as mulleres?

As investigadoras da UDC Laura Morán e Teresa Piñeiro analizan no quinto episodio de O Descodificador cales son as causas dos nesgos de xénero na tecnoloxía

Os nesgos de xénero están en todas partes e a tecnoloxía, nomeadamente os sistemas de intelixencia artificial, tamén perpetúa os estereotipos. De ningunha outra maneira se pode explicar que as imaxes xeradas por IA en relación á palabra “scientist” —que significa científico/a en inglés, sen trazo distintivo de xénero— sempre reproduzan homes. Ou que as mulleres galegas sexan retratadas necesariamente como anciás con roupas tradicionais. Para rachar cos nesgos, non só cos de xénero, hai que ir ás orixes do problema. O uso de datos tendenciosos e a falta de diversidade dos equipos son as principais causas e, tamén, as claves para dar coa solución. Por que a intelixencia artificial tamén discrimina as mulleres? é o novo episodio de O Descodificador, un pódcast de GCiencia en colaboración CITIC. Neste quinto capítulo contamos coa informática Laura Morán e a comunicadora Teresa Piñeiro para ir á raíz do problema.

As dúas investigadoras da Universidade da Coruña analizan neste episodio a naturalización dos nesgos de xénero nos sistemas de intelixencia artificial, con especial atención a Chat GPT, para texto, e Midjourney, para imaxes. Máis alá dos datos nesgados e da falta de diversidade en equipos —cunha grave ausencia de mulleres que se dediquen ás carreiras técnicas— a forma na que nós, como usuarios, empregamos os sistemas de intelixencia artificial tamén é especialmente importante. Cos datos que introducimos tamén os estamos adestrando. De igual modo, a lexislación é unha ferramenta esencial para evitar a discriminación dende todos os puntos de vista. Todo isto e moito máis é o que abordan Morán e Piñeiro neste quinto episodio de O Descodificador, o pódcast de GCiencia en colaboración co CITIC.


Episodio realizado por Laura Filloy

Edición: Carlos Tresandí


Escoita O Descodificador nas plataformas de pódcast: SpreakerSpotifyIvooxiHeartDeezerPodcast AddictJioSaavn e Podchaser.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Soengas: “Temos que facer pedagoxía coas novas xeracións porque ven un lado bastante negativo da ciencia”

A bióloga molecular analiza os retos que afronta a investigación oncolóxica en Galicia

Amparo Alonso: “A intelixencia artificial apodera os humanos”

A catedrática da UDC analiza a regulación europea e recoñece que a relación entre humanos e máquinas precisa dun tempo de adaptación

Amparo Alonso ingresa na Academia de Ciencias Exactas e Naturais

A investigadora do CITIC da UDC liderará o debate sobre o impacto da intelixencia artificial na sociedade cun enfoque ético e sostible

Tecnoloxía e talento galego na Eurovisión Mundial da Intelixencia Artificial

David Santos, investigador de atlanTTic e músico, detalla o proceso de cocreación do grupo PAMP e a IA que xerou a canción Florespiña e recrea a voz de Ana Kiro