
Explicación: baptizada polos tres astrónomos que procederon ao seu descubrimento e identificación, Wolf – Lundmark – Melotte (WLM) é unha galaxia anana solitaria. Ollada cara a constelación Cetus, na súa maior parte meridional, a uns 3 millóns de anos luz da Vía Láctea, é un dos membros máis remotos do noso grupo local de galaxias. De feito, poida que endexamais interactuara con outra galaxia do grupo local. Con todo, as rexións de formación estelar co seu desvelador cor rosa e as estrelas novas e quentes, de azul, zarrapican o aillado universo illa. As estrelas máis quentes e frías, amarelas, esmorecen dentro do pequeno halo galáctico, que se estende uns 8.000 anos luz de diámetro. Este retrato definido de WLM captouse coa cámara de campo amplo OmegaCAM de 268 megapíxeles e o telescopio de sondaxes no Observatorio Paranal do ESO.