Martes 28 Novembro 2023

W5: piares de formación estelar

W5: piares de formación estelar
Créditos da imaxe: WISE, IRSA, NASA; Procesado e copyright : Francesco Antonucci.

Explicación: como se forman as estrelas? As imaxes da rexión de formación estelar W5, coma estas en infravermello do satélite Wide Field Infrared Survey Explorer (WISE) da NASA, proporcionan pistas claras de que as estrelas masivas preto do centro de cavidades baleiras son máis vellas cas estrelas achegadas aos bordos. Unha razón probable para isto é que as estrelas máis vellas do centro en realidade están a desencadear a formación das estrelas máis mozas dos límites. A repentina formación estelar ocorre cando o gas quente que flúe cara o exterior comprime ao gas máis frío dentro dos nós densos, abondo para que contraian gravitatoriamente en estrelas. A imaxe de infravermellos, en cores representadas cientificamente, amosa uns piares espectaculares, refugallos da evaporación lenta do gas quente que flúe, que proporcionan indicios visuais complementarios. W5 tamén é coñecido coma IC 1848 e, xunto con  IC 1805, forman unha rexión complexa de formación estelar alcumada popularmente coma as nebulosas Corazón e Alma. A imaxe superior salienta unha parte de W5 que abarca uns 2.000 anos luz que é rica en piares de formación estelar. W5 atópase a uns 6.500 anos luz de distancia cara a constelación de Cassiopeia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente

As dúas choivas de estrelas que non podes perder de aquí a final de ano

No mes de novembro coas leónidas e no de decembro coas xemínidas os amantes da astronomía teñen dúas citas que non deben esquecer

Astronomía para a toda a familia neste obradoiro da UVigo

Celebrarase este martes 10 de outubro, a partir das 17.00 horas, e está dirixido a un público familiar

O cometa Nishimura, eclipse de Lúa e chuvia de estrelas: a guía astronómica do que resta de ano

Entre os próximos fenómenos atópase a última superlúa de 2023, que acadará o seu esplendor o 29 de setembro