
Explicación: cando se orbita Saturno, seguro que se ollan superposicións espectaculares de lúas e aneis. Unha desas pintorescas vistas puido vela hai pouco a nave espacial automática Cassini que está en órbita de Saturno. En abril de 2006, a Cassini captou os aneis A e F de Saturno estreitándose perante un Titán envolto en nubes. Preto dos aneis e aparecendo xusto por riba de Titán estaba Epimetheus, unha lúa que orbita xusto por fóra do anel F. O espazo escuro no anel A chámase división de Encke, aínda que aí temos varios bucles finos amalloados e incluso a órbita da pequena lúa Pan.