Xoves 30 Novembro 2023

A Terra no equinoccio

Créditos do vídeo: Roscosmos / NTSOMZ / zelenyikot.livejournal.com
Cortesía: Igor Tirsky, Vitaliy Egorov

Explicación: a Terra no equinoccio. Durante as vindeiras 24 horas, o día e a noite teñen case a mesma duración por todo o planeta Terra. Tecnicamente, o equinoccio ten lugar ás 2:29 a.m. Tempo Universal de mañá, pero isto ocorre hoxe en América do Norte e do Sur. Este equinoccio de setembro é o sinal de que o inverno se achega no hemisferio setentrional e o verán se achega no sur. No equinoccio, a liña da Terra divisoria entre a metade alumeada polo Sol e a metade nocturna pasa temporalmente ao través dos polos norte e sur de rotación. Esta liña divisoria amósase ben polo miúdo no vídeo amosado, realizado polo satélite ruso de meteoroloxía Elektro-L durante o equinoccio de setembro do ano pasado. O satélite Elektro-L está en órbita xeoestacionaria sobre un punto do ecuador da Terra e sempre apunta directamente á mesma. A gravación publicada amosa unha vídeo secuencia para un día completo so redor do equinoccio, cunha imaxe nova tirada cada 30 minutos. Poden verse os movementos da nubes aseí como o reflexos do Sol mentres o día progresa. O vindeiro equinoccio da Terra está programado para marzo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente

As dúas choivas de estrelas que non podes perder de aquí a final de ano

No mes de novembro coas leónidas e no de decembro coas xemínidas os amantes da astronomía teñen dúas citas que non deben esquecer

Astronomía para a toda a familia neste obradoiro da UVigo

Celebrarase este martes 10 de outubro, a partir das 17.00 horas, e está dirixido a un público familiar