Xoves 30 Novembro 2023

Saturno no equinoccio

Saturno equinoccio
Créditos: Cassini Imaging Team, ISS, JPL, ESA, NASA

Explicación: como sería Saturno se o seu plano dos aneis apuntara directamente ao Sol? Ninguén o sabía antes de agosto de 2009. Cada 15 anos, tal e como se ve desde a Terra, os aneis de Saturno apuntan cara a nós e parecen desaparecer. Os aneis desaparecidos xa non son un misterio; sábese que os aneis de Saturno son tan delgados e a Terra está tan preto do Sol que cando os aneis apuntan cara este, tamén apuntan case de canto cara á Terra. Por sorte, neste terceiro milenio, a humanidade está abondo avanzada para ter sondas espaciais que poden ver os aneis durante o equinoccio desde o seu carón. En agosto de 2009, esa sonda espacial en órbita de Saturno, a Cassini, foi quen de capturar unha serie de imaxes sen precedente dos aneis de Saturno durante o equinoccio. Enriba amósase unha composición dixital de 75 de tales imaxes. Os aneis parecen estrañamente escuros e unha liña de sombra moi fina pode formarse sobre as nubes superiores de Saturno. Os obxectos que sobresaen do plano de aneis son alumeados brillantemente e proxectan sombras longas. O exame destas imaxes está a axudar á humanidade a entender os tamaños específicos das partículas dos aneis de Saturno e a dinámica xeral do seu movemento orbital. Esta semana, a Terra experimenta un equinoccio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente

As dúas choivas de estrelas que non podes perder de aquí a final de ano

No mes de novembro coas leónidas e no de decembro coas xemínidas os amantes da astronomía teñen dúas citas que non deben esquecer

Astronomía para a toda a familia neste obradoiro da UVigo

Celebrarase este martes 10 de outubro, a partir das 17.00 horas, e está dirixido a un público familiar