Xoves 30 Novembro 2023

Noite de paraselene

Noite de paraselene
Créditos da imaxe e copyright: Martin Ratcliffe.
Explicación: nesta escena nocturna das primeiras horas do 14 de novembro, a luz do cuarto minguante da Lúa alumea as nubes por riba das cúpulas do cumio da montaña do Observatorio Nacional Kitt Peak preto de Tucson, Arizona. O brillante Xúpiter está xusto á esquerda do disco lunar sobreexposto, cunha raia dun reflexo da lente da cámara inmediatamente á dereita; pero non se trata dun bólido explosionando preto do centro da imaxe. En vez diso, desde a perspectiva da beiravía da estrada, un abraiantamente brillante paraselene ou parhelio lunar fica xusto sobre o telescopio WIYN Kitt Peaks. Análogo a un parhelio (solar), un paraselene é producido polo luar que se refracta ao través de cristais de xeo hexagonais en forma de plato das nubes cirro altas. Tal e como determina a xeometría do cristal, os paraselenes óllanse nun ángulo de 22 graos ou máis desde a Lúa. Comparado co brillante disco lunar son a miúdo máis tenues e máis sinxelos de percibir cando a Lúa está baixa. Uns 10 minutos despois de que o fotógrafo tirase a imaxe o paraselene xa se atenuara na noite.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente

As dúas choivas de estrelas que non podes perder de aquí a final de ano

No mes de novembro coas leónidas e no de decembro coas xemínidas os amantes da astronomía teñen dúas citas que non deben esquecer

Astronomía para a toda a familia neste obradoiro da UVigo

Celebrarase este martes 10 de outubro, a partir das 17.00 horas, e está dirixido a un público familiar