Xoves 30 Novembro 2023

Messier 6 e o cometa Siding Spring

Messier 6 e o cometa Siding Spring
Créditos da imaxe e copyright: Rolando Ligustri (CARA Project, CAST).

Explicación: parece que faltou un pelo pero a coma e a cola verdeallos do cometa Siding Spring (C/2013 A1) están realmente a uns 2.000 anos luz de distancia das estrelas do cúmulo aberto Messier 6. Parecen moi achegados, ao estar na mesma liña de visión nesta preciosa paisaxe celeste do 9 de outubro cara a constelación Scorpius. Porén, o domingo 19 de outubro este cometa pasará realmente moi preto, a só 139.500 quilómetros, do planeta Marte. Iso vén sendo unhas 10 veces máis preto que calquera outro cometa que sobrevoase o planeta Terra e case un terzo da distancia Terra-Lúa. Aínda que non hai perigo dun impacto co núcleo, o pó do cometa, movéndose a unha velocidade duns 56 quilómetros por segundo relativos ao planeta Vermello, maila parte exterior da súa coma gasosa, poderían interaccionar coa delgada atmosfera marciana. Por suposto, o encontro tan achegado do cometa será seguido atentamente polas naves espaciais en órbita marciana e os todoterreos da superficie.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente

As dúas choivas de estrelas que non podes perder de aquí a final de ano

No mes de novembro coas leónidas e no de decembro coas xemínidas os amantes da astronomía teñen dúas citas que non deben esquecer

Astronomía para a toda a familia neste obradoiro da UVigo

Celebrarase este martes 10 de outubro, a partir das 17.00 horas, e está dirixido a un público familiar