
Explicación: hoxe o solsticio ocorrerá ás 23:03 Hora Universal, é dicir, o Sol chega ao súa declinación máis meridional do ceo do planeta Terra. Por suposto, o solsticio de decembro marca o comezo do inverno no hemisferio setentrional e do verán no sur. Cando miramos desde latitudes norte, e tal e como se amosa na imaxe superior comprimida horizontalmente, o Sol marcará o seu arco máis baixo polo ceo ao longo do horizonte meridional. Por tanto, no norte o día do solsticio ten a duración máis corta de tempo entre o mencer e o solpor e o menor número de horas de luz solar. Esta impactante imaxe composta segue o camiño do Sol ao través do día do solsticio de decembro de 2005 no fermoso ceo azul, coa costa do mar Tirreno na parte inferior desde Santa Severa ollando cara Fiumicino, Italia. A visión cobre uns 115 graos en 43 exposicións separadas e ben planificadas, desde o mencer deica o solpor.