
Explicación: na parte superior dereita, a gran galaxia espiral NGC 1055 únese á espiral Messier 77 nesta definida imaxe cósmica na dirección da acuática constelación Cetus. A aparencia poeirenta e estreita da espiral de canto NGC 1055 contrasta ben coa imaxe de cara do núcleo brillante de M77 e os brazos espirais. A parella, ámbalas dúas cuns 100.000 anos luz de diámetro, son os membros dominantes dun grupo de pequenas galaxias a uns 60 millóns de ano luz de distancia. A esa distancia estimada, M77 é un dos obxectos máis remotos do catálogo de Charles Messier e está afastada do universo illa compañeiro NGC 1055 polo menos 500.000 anos luz. O campo de visión ten o tamaño aproximado dunha Lúa chea no ceo e inclúe un primeiro plano de estrelas da Vía Láctea cheas de cor (coas puntas de difracción) xunto con galaxias no fondo máis afastadas.