
Explicación: durante as primeiras horas do 8 de outubro nos ceos sobre Santa Cruz (California), Por suposto, a eclipse lunar só pode ocorrer cando a Lúa está en oposición ao Sol no ceo da Terra e escorregando ao través da sombra do planeta. Tamén preto da oposición e, claramente a só medio grao máis ou menos do limbo lunar, o afastado Urano é tenue pero doado de ollar na parte inferior dereita. Aínda máis tenues son as lúas do xigante xelado. Mentres que a superficie escurecida da nosa Lúa eclipsada aínda está moi sobreexposta, as lúas de Urano, Titania, Oberón e Umbriel, só poden albiscarse coma febles alfinetadas de luz.