Xoves 30 Novembro 2023

IC 1795: a nebulosa Cabeza de Peixe

IC 1795: a nebulosa Cabeza de Peixe
Créditos da imaxe e copyright: Bill Snyder (Bill Snyder Photography).

Explicación: para algúns, esta nebulosa semellase á cabeza dun peixe. Porén, realmente este retrato cósmico cheo de cor representa nubes de gas brillante e po escurecedor en IC 1795, unha rexión de formación estelar na constelación setentrional Cassiopeia. As cores da nebulosa creáronse adoptando a paleta de cores falsas do Hubble para cartografar a emisión estreita dos átomos de osíxeno, hidróxeno e xofre en cores azul, verde e vermella, e mesturando tamén os datos con imaxes da rexión gravados ao través de filtros de banda ancha. A propia IC 1795, non moi afastada no ceo do famoso Cúmulo Dobre Estelar de Perseus, sitúase preto de IC 1805, a nebulosa Corazón, coma parte dun complexo de rexións de formación estelar que están no bordo dunha gran nube molecular. O gran complexo de formación estelar, localizado xusto a uns 6.000 anos luz, espállase ao longo do prazo espiral de Perseus da nosa propia galaxia Vía Láctea. A esa distancia, esta imaxe abararía uns 70 anos luz de diámetro de IC 1795.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente

As dúas choivas de estrelas que non podes perder de aquí a final de ano

No mes de novembro coas leónidas e no de decembro coas xemínidas os amantes da astronomía teñen dúas citas que non deben esquecer

Astronomía para a toda a familia neste obradoiro da UVigo

Celebrarase este martes 10 de outubro, a partir das 17.00 horas, e está dirixido a un público familiar