Martes 28 Novembro 2023

Escintileo de aurora, alustro de meteoro

Escintileo de aurora, alustro de meteoro
Créditos da imaxe e copyright: Bjørnar G. Hansen.

Explicación: as luces do norte, ou aurora boreal, aparecíase nos ceos sobre a illa de Kvaløya, preto de Tromsø (Noruega) o 13 de decembro de 2009. Esta longa exposición de 30 segundos grava o seu brillo escintilante alumeando suavemente a escena costeira invernal. Tamén captura o flash repentino dun bólido da excelente choiva de meteoros das xemínidas en decembro de 2009. O ronsel, a fume de carozo polas estrelas familiares do Gran Carro, apunta por detrás cara a constelación Gemini, fóra da parte superior da imaxe. Ámbolos dous, aurora e meteoros, ocorren na atmosfera superior da Terra a altitudes aproximadas de 100 quilómetros, pero a aurora é provocada polas potentes partículas cargadas da magnetosfera, mentres que os meteoros son ronseis de po cósmico. Cara o final desta semana a choiva de meteoros das xemínidas 2014 chegarán ao máximo, aínda que competirán co balbordo do último cuarto do luar.

1 comentario

  1. Por algo se lle ocorreo a alguén na Historia da Cristiandade colocar a festa de Santa Lucía exactamente o 13 de Decembro. Non Santa Gema nin Santa Rita: Santa Lucía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente

As auroras boreais veranse en Galicia nos vindeiros meses

Rexistráronse tres episodios en apenas sete meses, mais as condicións atmosféricas impediron gozar do espectáculo

As dúas choivas de estrelas que non podes perder de aquí a final de ano

No mes de novembro coas leónidas e no de decembro coas xemínidas os amantes da astronomía teñen dúas citas que non deben esquecer

Astronomía para a toda a familia neste obradoiro da UVigo

Celebrarase este martes 10 de outubro, a partir das 17.00 horas, e está dirixido a un público familiar