Martes 28 Novembro 2023

A Vía Láctea no luar

Créditos da imaxe e copyright: Babak Tafreshi (TWAN)
Créditos da imaxe e copyright: Babak Tafreshi (TWAN)

Explicación: un cuarto minguante da Lúa, no crepústulo matutino, e as luces da cidade de Al Hamra no horizonte, non dan agochado a Vía Láctea central nesta paisaxe celeste do planeta Terra. A onírica escena , captada nunha sóa exposición, mira ao sur ao través do gran canón da rexión desde Jabal Shams (a montaña do Sol), preto do cumio máis alto de Omán, na península Arábica. O orballo, o luar mailas sombras aínda xogan nas empinadas paredes do canón. Os escuros cantís ao longo da luminosa franxa da Vía Láctea son as nubes cósmicas de po da galaxia. Aos seus centos de anos luz de distancia, escurecen a luz estelar ao longo do plano galáctico, ollándose de canto desde a perspectiva do Sistema Solar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente

Como ver a Estación Espacial Internacional dende a túa casa? Aquí podes comprobalo

Unha ferramenta da NASA permitirá saber a súa posición en tempo real, así como recibir avisos do seu próximo avistamento na túa localidade

Un equipo de Vigo busca solucións para colonizar a Lúa

Xunto con investigadores de Oviedo, realizaron ensaios nas covas volcánicas de Lanzarote pola sús analoxía coas cavidades lunares

Cinco asteroides pasarán preto da Terra en apenas 24 horas

A NASA confirma que ningún deles é potencialmente perigoso, pese a que pasarán a menos de 7,5 millóns de quilómetros do planeta