Martes 28 Novembro 2023

A nebulosa do Crecente

Créditos da imaxe e copyright: Michael Miller, Jimmy Walker
Créditos da imaxe e copyright: Michael Miller, Jimmy Walker

Explicación: NGC 6888, tamén coñecida coma a nebulosa do Crecente, é unha burbulla cósmica cuns 25 anos luz de diámetro, inchada polos ventos procedentes da súa estrela central, brillante e masiva. Este definido retrato cósmico emprega datos de banda estreita que aíllan a luz procedente dos átomos de osíxeno e hidróxeno do vento nebular. Os átomos de osíxeno producen a cor azulado-verdosa que semella envolver os pregos e filamentos detallados. No interior da nebulosa pode ollarse a estrela central de NGC 6888, clasificada coma unha estrela Wolf-Rayet (WR 136). A estrela está a sementar a súa envoltura máis exterior cun potente vento estelar, expulsando o equivalente á masa do Sol cada 10.000 anos. Probablemente as complexas estruturas da nebulosa son o resultado deste vento potente que interactúa co material expulsado nunha fase máis temperán. Queimando o combustible a unha velocidade prodixiosa e preto do remate da súa vida estelar, ao final esta estrela debería esgotarse cun estralo nunha espectacular explosión de supernovaNGC 6888, que se atopa dentro da constelación rica en nebulosas de Cygnus, está a uns 5.000 anos luz de distancia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente

Como ver a Estación Espacial Internacional dende a túa casa? Aquí podes comprobalo

Unha ferramenta da NASA permitirá saber a súa posición en tempo real, así como recibir avisos do seu próximo avistamento na túa localidade

Cinco asteroides pasarán preto da Terra en apenas 24 horas

A NASA confirma que ningún deles é potencialmente perigoso, pese a que pasarán a menos de 7,5 millóns de quilómetros do planeta

O incendio de Tenerife e outros fenómenos: cantos identificas nesta imaxe da NASA?

O organismo estadounidense capta dende o espazo o fume dun lume que xa deixa 1.800 hectáreas queimadas na illa canaria