Xoves 30 Novembro 2023

A galaxia espiral dun brazo NGC 4725

A galaxia espiral dun brazo NGC 4725
Créditos da imaxe e copyright: Martin Pugh.

Explicación: mentres que a maioría das galaxias espirais, incluíndo a nosa propia Vía Láctea, teñen dous ou máis brazos espirais, NGC 4725 ten só un. Nesta definida imaxe composta en cor, a única spira mirabilis semella envolver un destacado anel de cúmulos de estrelas azuis recén nadas e rexións de formación estelar tinguidas de vermello. A estraña galaxia tamén amosa corredores de po escuro e unha estrutura de barra central amarelada composta dunha poboación máis vella de estrelas. NGC 4725 ten uns 100 milleiros de anos luz de diámetro e atópase a 41 millóns de anos luz de distancia na enfeitada constelación Coma Berenices. As simulacións informáticas da formación do único brazo espiral suxiren que poden ser brazos dianteiros ou de cola con respecto á rotación global da galaxia. Tamén incluída no cadro amósase unha galaxia espiral máis tradicional  que está máis afastada no fondo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente

As dúas choivas de estrelas que non podes perder de aquí a final de ano

No mes de novembro coas leónidas e no de decembro coas xemínidas os amantes da astronomía teñen dúas citas que non deben esquecer

Astronomía para a toda a familia neste obradoiro da UVigo

Celebrarase este martes 10 de outubro, a partir das 17.00 horas, e está dirixido a un público familiar