Explicación: primeiro viñeron as árbores. Na cidade de Salamanca (España), o fotógrafo notou o peculiar que ficou unha carballeira trala poda. Despois chegou a galaxia. O fotógrafo estivo ata as 2 a.m., agardando ata que a galaxia da Vía Láctea se erguese por riba do nivel dun carballo de aspecto maxestuoso. Desde esta perspectiva coidadosamente escollida, os corredores de po da galaxia semellan ser continuacións naturais das pólas da árbore. Despois chegou a luz. Empregouse un flash pola beira afastada da árbore para proxectar unha silueta. Por casualidade, apareceron outras árbores como siluetas semellantes a través do horizonte relativamente brillante. A imaxe publicada foi captada como unha instantánea única de 30 segundos a comezos deste mes e procesada dixitalmente para salientar a Vía Láctea.
A árbore da galaxia
